O IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova, premiado polo seu Centro de interpretación virtual da Memoria Histórica

OurenseXa
O centro celanovés foi un dos 16 galardoados na XI edición do Concurso de Traballos por Proxectos
premios-concurso-proxectos
11 Apr 2026

O IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova foi un dos 16 centros educativos recoñecidos na XI edición do Concurso de Traballos por Proxectos, un certame que distingue a calidade das iniciativas desenvolvidas por colexios e institutos.

O centro foi premiado polo proxecto “Centro de interpretación virtual da Memoria Histórica”, unha proposta educativa que integra diferentes actividades de coñecemento do pasado a partir do patrimonio material e inmaterial da contorna, abordando esta temática con respecto e prudencia.

Trátase dunha iniciativa interdisciplinar centrada na historia recente da vila de Celanova, impulsada polo Departamento de Historia, coordinada pola Biblioteca do centro e coa participación doutros departamentos.

0.13012599945068