O IES San Mamede e o CEIP de Maceda acollen unhas charlas sobre igualdade

O CIM Maceda xunto coa Asociación Centro de Atención a Vítimas de Agresións Sexuais de Galicia (Cavas Galicia) voltou aos centros de ensino do Concello de Maceda para falarlle ao alumnado de 6°EP e 2°ESO da historia do movemento feminista coa actividade "O patriarcado infiltrado", unha xincana colaborativa que nos deu a oportunidade de abrir un espazo de reflexión e debate no que revisar os discursos que xorden en resposta aos avances en Igualdade dende unha ollada crítica.