O IGE analizará as condicións vida das familias de Pereiro de Aguiar

OurenseXa
O Instituto Galego de Estatística está a realizar a "Enquisa Estrutural a Fogares" no Concello de Pereiro de Aguia
casa-do-concello-pereiro-de-aguiar
Casa do Concello de Pereiro de Aguiar
16 Maio 2024
O Instituto Galego de Estatística está a realizar a "Enquisa Estrutural a Fogares" no Concello de Pereiro de Aguiar, unha investigación de carácter oficial destinada a reflectir as condicións de vida das familias do municipio, en relación co seu nivel de estudos, ingresos e gastos do fogar e dos seus familiares.
As vivendas seleccionadas serán visitadas entre o 3 de xuño e o 23 de xuño por persoal enquisador debidamente acreditado. Desde o Concello de Pereiro de Aguiar lembran á veciñanza que é obrigatorio facilitar os datos, e a información é estritamente confidencial e protexida polo segrego estatístico. Por iso, piden a colaboración cidadá nesta enquisa que ten como fin analizar e describir as principais características dos fogares galegos, en canto á súa composición demográfica e á súa situación económica, así como o uso das novas tecnoloxías
0.089823007583618