O II Festival de Bandas chega este sábado a San Cibrao das Viñas
OurenseXa
O evento contará coa participación da Banda de Música de Chantada e da Banda de Música Municipal de San Cibrao das Viñas

26 Sep 2025
San Cibrao das Viñas celebra o vindeiro 27 de setembro o seu II Festival de Bandas, que terá lugar no Penedo a partir das 17:00 horas.
O evento contará coa participación da Banda de Música de Chantada e da Banda de Música Municipal de San Cibrao das Viñas. Trátase dunha proposta aberta a toda a familia para gozar dunha tarde de música e cultura local, con entrada libre.