O II Festival de Bandas de San Cibrao das Viñas resultou todo un éxito

OurenseXa
O evento contou coa participación da banda local e da Banda de Chantada
festival-de-bandas-de-san-cibro-das-viñas
II Festival de Bandas de San Cibrao das Viñas
30 Sep 2025

O pasado sábado, o núcleo de Penedo encheuse de música co II Festival de Bandas de San Cibrao das Viñas, que contou coa participación da banda local e da Banda de Chantada. O evento culminou coa interpretación da histórica Muñeira Mozos do Penedo, no lugar onde naceu.

O festival tamén destacou pola obra ‘A Soutopenedo’, creada polos veciños Álvaro Rodríguez e Adrián Rey, que engadiu un toque de teatro contemporáneo ao programa. Para pechar a xornada, a alcaldesa do municipio, Marta Nóvoa, descubríu unha placa conmemorativa, “deixando constancia dun día especial para a cultura e a tradición musical de San Cibrao das Viñas”.

⚙ Configurar cookies
0.10770511627197