O III Paseo Literario ‘O Piñor de Carmen Martín Gaite’ foi todo un éxito

Barbadás acolleu esta fin de semana a terceira edición do Paseo Literio ‘O Piñor de Carmen Martín Gaite’, cun gran éxito entre os participantes, que puideron describir o espazo literario onde a autora ambientou moitas das súas novelas. A cita deste ano foi especialmente significativa ao enmarcarse no 2025, declarado Ano Martín Gaite en Barbadás.
Como en ocasións anteriores, o paseo foi guiado polo experto David G. Couso, quen achegará ás persoas participantes á vida e obra da escritora, intimamente ligada a San Lourenzo de Piñor. A xornada estivo amenizada pola música do grupo Nova Fronteira a Banda Cultural de Barbadás, que ofreceu unha actuación na Fonte do Regueiro.