O incendio en Casaio segue activo e xa afecta máis de 500 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio, continúa activo e afecta a unha superficie estimada de máis de 500 hectáreas.
O lume iniciouse ás 14:56 horas de onte e na zona están a rexistrarse fortes rachas de vento que dificultan os labores de extinción.
Para facer fronte ao incendio mobilizáronse, de xeito acumulado, 3 técnicos, 18 axentes, 22 brigadas, 21 motobombas, 4 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 6 helicópteros e 4 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un número anónimo e gratuíto, o 900 815 085, para denunciar calquera actividade incendiaria sospeitosa ou delituosa da que se teña coñecemento.