O instituto Ramón Otero Pedrayo quedou finalista nos VIII Premios de Podcast Xosé Mosquera

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou este luns na entrega dos VIII Premios de Podcast Xosé Mosquera ‘O vello dos contos’, un certame no que o instituto Ramón Otero Pedrayo de Ourense resultou finalista na categoría de secundaria, xunto ao Divino Salvador, de Vigo e o Cruz do Sar, de Bergondo.
Nesta categoría, os gañadores foron os institutos de Foz, coa peza ‘Lanchiña que vas en vela’, e Alexandre Bóveda de Vigo, con ‘Da peneira á eternidade’.
Pola súa banda, na categoría de Primaria, resultaron gañadores os colexios Mestre Valverde Mayo de Mos, polo traballo ‘Avoa Fita’, e Milladoiro de Malpica de Bergantiños, con ‘A nosa herdanza’. Ademais, os colexios A Cristina, de Carballo, Mestre García Niebla, de Pazos, López Ferreiro, de Santiago de Compostela, Feliciano Barrera, de Ponteareas, e Cardeal Quiroga, de Pontevedra, resultaron finalistas nesta categoría.