O Liceo de Ourense acolle un concerto lírico solidario en apoio á emerxencia en Sudán

OurenseXa
Será este sábado, 28 de febreiro, organizado en colaboración co equipo de voluntariado de Oxfam Intermón en Vigo
concerto-solidarioo-liceo-oxfam
25 Feb 2026

O Salón Nobre do Liceo de Ourense acollerá este sábado, 28 de febreiro, ás 19.00 horas, un concerto lírico solidario organizado polo equipo de voluntariado de Oxfam Intermón en Vigo en colaboración co Liceo. A iniciativa ten como obxectivo recadar fondos para apoiar á poboación sudanesa afectada pola guerra e a fame.

A recadación destinarase integramente a proxectos de axuda humanitaria nos campos de refuxiados de Sudán do Sur e Chad.

O recital contará coa participación da soprano Cristina Barriga, o tenor José Antonio Campo e a pianista Blanca Vázquez.

A entrada solidaria ten un prezo de 15 euros e habilitouse tamén unha Fila Cero con achegas de 10 euros para quen desexe colaborar sen asistir ao evento. As entradas poden adquirirse no propio Liceo.

0.13038206100464