O Liceo de Ourense organizou un total de 431 actividades en 2023

OurenseXa
As actividades realizadas polo Liceo de Ourense durante o ano 2023 supuxeron a movilización de ao redor de 50.000 persoas nun ano
exposicion-letras-galegas-liceo-ourense
Liceo de Ourense
24 Maio 2024

Durante o ano 2023 o Liceo de Ourense organizou un total de 431 actividades que supuxeron un movemento en torno ás 50.000 persoas. Así o informaron os representantes da directiva durante un encontro institucional co alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. A asociación aproveitou para achegarlle a necesidade de seguir contando coa colaboración do Concello de Ourense e debater sobre as súas necesidades.

O Liceo de Ourense é unha entidade cultural que, ademais de dar un servizo ás persoas asociadas, que o manteñen coas súa cotas, alberga de maneira gratuíta unha serie de entidades culturais e benéficas que non terían medios para estaren noutro local: a Coral do Liceo, a Sociedade Micolóxica Os Cogordos, a Sociedade Filatélica e Numismática Miño, a Asociación contra o cancro, e a ONG Valores, entre outras.

A directiva aproveitou tamén para informar o rexedor dos actos e actividades que desenvolven ao longo do ano, salientando que abre ininterrompidamente da mañá á noite, todos os días do ano, o que permite que moitas das persoas socias de avanzada idade poidan ter un espazo de socialización permanente.

 

0.20578408241272