O Local do Consorcio dos Peares acollerá unha festa de Fin de Ano
OurenseXa
Haberá música e baile dende as 00:45 horas até a madrugada

30 Dec 2025
A veciñanza dos Peares terá a oportunidade de despedir o ano cunha gran festa de Fin de Ano no local do Consorcio, un evento aberto a toda a veciñanza que queira participar e que dará comezo despois das uvas.
As portas do local abrirán ás 00:45 horas e o Consorcio convidará aos asistentes a unha copa de cava. A festa estará amenizada con música e o baile estenderase durante a madrugada. Dende a organización convidan á veciñanza a asistir e celebrar o Aninovo en comunidade.