O local social da Asociación de Veciños de Solbeira, en Paderne de Allariz, acolle clases de bachata e salsa

O Concello de Paderne de Allariz, coa colaboración de Moovett Ourense, impulsa unha serie de clases de salsa e bachata dirixidas a toda a veciñanza interesada en participar.
As terán lugar todos os mércores a partir do 5 de novembro no local scial da Asociación de Veciños de Solbeira, en horario de 19:00 a 20:00 horas.
A actividade está dirixida tanto a persoas que nunca bailaron como a quen desexe iniciarse nestes estilos latinos, combinando o exercicio físico co ritmo e a socialización. O prezo da inscrición é de 25 euros ao mes, e as persoas interesadas poden anotarse enviando unha mensaxe de WhatsApp ao número 667 295 336.