O lume volve queimar Ourense cun novo incendio activo na parroquia de Casaio

A Consellería do Medio Rural informa de que ás 14:56 horas de hoxe iniciouse na parroquia de Casaio, no Concello de Carballeda de Valdeorras, un incendio que , segundo as estimacións provisionais afecta a unhas 20 hectáreas.
Para controlar o incendio, mobilizáronse ata o momento 1 técnico, 3 axentes, 4 brigadas, 2 motobombas, 2 PAS, 3 unidades técnicas de apoio e 3 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra á cidadanía que está dispoñible o teléfono gratuíto 085 para comunicar calquera detección de lume forestal. Así mesmo, existe un número anónimo e gratuíto, 900 815 085, para denunciar calquera actividade incendiaria sospeitosa ou delituosa.