O monólogo improvisado de Pepo Suevos chega esta noite á Casa da Cultura de Monforte

A axenda do Nadal en Monforte de Lemos continúa hoxe venres 2 de xaneiro cunha proposta de humor para o público adulto. A Casa da Cultura acolle ás 20.00 h o espectáculo do actor galego Pepo Suevos, con entrada libre e gratuíta.
O artista presenta o monólogo ‘Á caída’, un formato no que mestura reflexión e comedia, cunha idea de fondo: o humor como ferramenta para levar mellor o ‘mundo real’. A función está concibida como un show improvisado e interactivo, no que o que vaia contando o público irá marcando o camiño do espectáculo e facendo que cada sesión sexa diferente.
Dende o Concello destacan precisamente esa natureza aberta e arriscada da proposta, na que a participación das persoas asistentes pode levar a temas inesperados, sempre co obxectivo de construír unha actuación única e pensada para rematar a noite cun bo feixe de risas.