O Mosteiro de San Pedro de Rocas será o escenario do encontro “Interritmos. Raíces Vivas”

OurenseXa
A iniciativa, que busca apoiar novos talentos da música de raíz, terá lugar o 27 de setembro
Interritmos-Outeiro-de-Rei
Interritmos
22 Sep 2025

O sábado 27 de setembro, de 17:30 a 19:30 horas, celebrarase no Mosteiro de San Pedro de Rocas a iniciativa “Interritmos. Raíces Vivas”, un encontro que busca apoiar novos talentos da música de raíz, poñer en valor o patrimonio cultural inmaterial e crear un vínculo entre a tradición galega e o flamenco.

O evento estará moderado por Patricia Hermida, manager e xestora cultural, e contará coa intervención de distintos estilos musicais a cargo de Olga Kirk, cantareira e investigadora; o Grupo de Pandereteiras da Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir; e a cantante Celia Flores.

As prazas son limitadas, e as reservas poden realizarse enviando un correo electrónico a esgos@concelloesgos.com.

⚙ Configurar cookies
0.076524972915649