O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense organiza unha visita guiada a Castromao

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense ofrece a oportunidade de visitar en Celanova o Castro de Castromao o xoves 22, ás 16.00 horas, sobre o que se presentará unha guía posteriormente no instituto da localidade.
Ademais, o luns 26, ás 19.30 horas, o Museo organiza a conferencia Arqueoloxía en monodose, que versa sobre o Castro Coto do Mosteiro e que terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel. A maiores, continúa coa súa acción divulgativa Peza do Mes, coa que lle dá difusión aos seus fondos.