O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense presenta a "peza do mes"
OurenseXa
Trátase dunha aixola de seixo de Outeiro de Cavaladre que foi presentada polo doutor en Prehistoria e arqueólogo do Concello de Ourense, José María Eguileta
Presentación da "peza do mes" de outubro de 2024 do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
10 Out 2024
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense presentou na tarde deste mércores, 9 de outubro, a súa “pela do mes” que, nesta ocasión, tratase dunha aixola de seixo de Outeiro de Cavaladre.
A peza foi presentada na sala de exposicións 'Escolma de Escultura' polo doutor en Prehistoria e arqueólogo do Concello de Ourense, José María Eguileta, quen explicou a importancia desta peza dentro das manifestacións megalíticas e tumularias da Baixa Limia
As aixolas, explican desde o Museo, rarean no rexistro galego, en contraste coa súa mellor representación noutros territorios, como é o caso portugués. De aí a importancia desta peza que, ademais, amosa o coñecemento que a sociedade da época tiña das propiedades das rochas e minerais da súa contorna.