O Museo Galego do Xoguete de Allariz estivo presente no I Congreso Internacional de Xoguetes

OurenseXa
O congreso reuniu participantes nun foro internacional centrado na reflexión, a aprendizaxe e o fortalecemento de redes arredor da cultura, a historia e a identidade a través do xoguete
Museo-xoguete-allariz
12 Feb 2026

O Concello de Allariz participou o pasado venres e sábado no I Congreso Internacional de Xoguetes, celebrado no marco das conmemoracións do 900 aniversario de Ponte de Lima, baixo o lema “Xoguetes, Patrimonio e Identidade Cultural: vínculos da historia e da memoria colectiva”.

Durante o encontro, o técnico de museos do Concello presentou o proxecto do Museo Galego do Xoguete de Allariz, compartindo a experiencia deste espazo que pon en valor o xoguete como patrimonio cultural, ferramenta educativa e elemento clave da memoria colectiva.

O congreso reuniu participantes nun foro internacional centrado na reflexión, a aprendizaxe e o fortalecemento de redes arredor da cultura, a historia e a identidade a través do xoguete.

⚙ Configurar cookies
0.080303907394409