O musical ‘Unha noite na Eira do Trigo’ chega a Celanova
OurenseXa
Será este venres, 4 de xullo, no Claustro Barroco

30 Jun 2025
A orquestra La OcaBand chega a Celanova este próximo venres, 4 de xullo, co musical ‘Unha noite na Eira do Trigo’. Será ás 21:30 horas no Claustro do Mosteiro Barroco de San Salvador de Celanova e o acceso será libre e gratuíto ata completar aforo.
O evento está organizado pola Xunta de Galicia, o Concello de Celanova e a Deputación de Ourense en colaboración coa Fundación Curros Enríquez.