O Nadal chega á Peroxa cargado de actividades

OurenseXa
Haberá música, excusións, teatro dende esta fin de semana ata principios de xaneiro
nadal-a-peroxa
16 Dec 2025

O Concello da Peroxa presentou a súa programación de Nadal 2025, cunha axenda chea de propostas pensadas para todos os públicos e repartidas ao longo das festas. A iniciativa busca ofrecer alternativas de lecer e cultura tanto para a veciñanza máis nova como para as persoas adultas, creando espazos de encontro e celebración nestas datas tan sinaladas.

A programación comezará o sábado 20 de decembro coa actuación do Grupo de Acordeóns Bieito Blanco, que realizará unha ruta polas residencias e ofrecerá posteriormente un concerto no Auditorio Municipal ás 20:00 horas. Uns días despois, o venres 26 de decembro, o auditorio acollerá a representación teatral “Os vellos deberían namorarse e non morrer”, a cargo do Teatro de Coles, prevista para as 19:30 horas.

As actividades continuarán o martes 30 de decembro pola tarde con Pazolandia, unha proposta pensada especialmente para o público infantil. Xa en xaneiro, o domingo día 4, celebrarase Peroxaland, con diversión inchable e a tradicional visita real no Polideportivo Municipal, tamén pola tarde.

Ademais, durante as vacacións escolares desenvolverase o Campamento de Nadal, que terá lugar do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, así como a actividade Exploradores Dixitais, prevista para os días 29, 30 e 31 de decembro en horario de mañá.

⚙ Configurar cookies
0.08107590675354