O novo parque infantil de Rante estará listo nas próximas semanas

O Concello de San Cibrao das Viñas informa de que tanto o parque infantil como a nova pista multideporte de Rante estarán rematadas nas vindeiras semanas
Estado das obras no novo parque infantil de Rante (San Cibrao das Viñas)
11 Maio 2024
As obras do parque infantil e pista multideporte que se están levando a cabo en Rante avanzan favorablemente, según aseguran desde o Concello de San Cibrao das Viñas. As actuacións contan cun orzamento total de 96.356,14 euros, dos cales 47.973,72 destinaranse á construción do parque infantil e 48.382,42 serán para proxecto de obra da nova pista multideporte, e están financiadas polo plan CooperOU da Deputación de Ourense.
Desde o Concello informan de que as obras do parque atópanse xa mol avanzadas, mentres que a pista multideporte atópase xa hormigonada, polo que esperan que ambas estén listas nas próximas semanas.

 

0.20938014984131