O Our Fest xa ten horarios para a súa cuarta edición

OurenseXa
Na edición deste ano participarán Kruder & Dorfmeister, Happy Mondays, Mercury Rev, León Benavente, Viva Belgrado e Dream Nails
presentacion-our-fest-2025
18 Sep 2025

O sábado 27 de setembro Expourense volverá converterse no epicentro musical de Galicia coa celebración da cuarta edición do Our Fest. O evento reunirá seis concertos nun mesmo espazo, desde a tarde ata a madrugada, cun cartel que combina distintas xeracións e estilos: Dream Nails, Viva Belgrado, Mercury Rev, León Benavente, Happy Mondays e Kruder & Dorfmeister.

A xornada arrancará ás 17:30 horas co punk reivindicativo das londinienses Dream Nails, seguidas de Viva Belgrado ás 18:45 horas, que presentarán o seu último traballo Cancionero de los cielos. Ás 20:15 horas será a quenda de Mercury Rev e a súa psicodelia envolvente, antes de dar paso ao rock eléctrico de León Benavente ás 21:45 horas. Xa de madrugada, Happy Mondays recuperarán o espírito do Madchester a partir das 23:25 horas, e o dúo austríaco Kruder & Dorfmeister pechará a noite coa súa sesión electrónica ás 00:45 horas.

O festival conta co apoio da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, o Concello e Estrella Galicia. Esta colaboración institucional e privada reforza unha programación que busca potenciar o atractivo cultural e turístico da cidade.

Como cada setembro, Ourense prepárase para recibir ás persoas asistentes cunha oferta paralela de lecer, gastronomía e termalismo, o que converte o Our Fest nunha cita que transcende o musical para situar a cidade como punto de encontro cultural.

As portas de Expourense abriranse ás 17:00 horas, media hora antes do inicio do primeiro concerto.

⚙ Configurar cookies
0.08781099319458