O Ouren Sound 2026 contará cun recinto exclusivo para nenos

O Ouren Sound 2026 contará cun recinto exclusivo para nenos. Trátase do Ouren Sound Kids, unha proposta que se presenta como unha opción para que os máis pequenos poidan gozar do festival con actividades dirixidas exclusivamente á infancia.
Así, o recinto infantil estará dividido por idades, cunha zona para nenos e nenas de entre 4 e 6 anos e outra para os máis maiores, entre 7 e 12 anos. En ambas haberá actividades como xogos cooperativos, obradoiros de reciclaxe, unha área creativa, un taller de elaboración dun mural artístico, maquillaxe infantil e inchables. Todo elo, pensado para que a infancia poida ter o seu propio espazo de lecer mentres os pais desfrutan da mellor música da man dun cartel de primeiro nivel en un recinto totalmente renovado.
O espazo estará aberto en varias quendas segundo os días. Os venres, serán ás 19:30, ás 20:30 e ás 21:30 e, o sábado, ás 18:30, ás 19:30 e ás 20:30 horas. O prezo será de cinco euros por hora e de 12 polas tres completas.