O Ouren Sound continúa este sábado con Viva Suecia e Xoel López á fronte do cartel

O Ouren Sound Fest está a celebrar unha das súas edicións máis exitosas, sendo a segunda que se celebra no Complexo Deportivo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar.
A apertura oficial deste décimo aniversario arrancou este venres coas actuacións de A Duendeneta, Gargantúa, Siloé, Dani Fernández, Sexy Zebras e Carlos Crespo & Kris K DJs. Xa o xoves, houbo dous concertos gratuítos na Praza da Igrexa de Pereiro de Aguiar, da man das artistas Helena e HYDN.
Este sábado será a quenda de Martin Bruhn DJ, Guadi Galego, Xoel López, Viva Suecia, Ultraligera e Hoonine.
HORARIOS
- 17.00 horas: Apertura de portas
- 17.30 a 18.20 horas: Martin Bruhn DJ (Vibra)
- 18.20 a 19.10 horas: Neverland Bari
- 19.35 a 20.30 horas: Guadi Galego
- 21.00 a 22.15 horas: Xoel López
- 23.05 a 00.35 horas: Viva Suecia
- 01.05 a 02.00 horas: Ultraligera
- 02.25 a 03.05 horas: Hoonine
AUTOBUSES
O Ouren Sound Fest pon a disposición dos asistentes un servizo de autobuses de ida e volta entre o centro de Ourense e o Complexo Deportivo de Monterrei, que comezará ás 16.00 horas. Os autobuses sairán cada media hora ata ás 20.30 horas. Logo, o servizo prestarase cada hora ata as 23.30 horas, cando sairá o último autobús.
Para volver, o servizo prestarase cada 30 minutos entre as 22.30 e as 02.30 horas. Despois, haberá un autobús ás 03.15 e outro ás 04.00 horas.