O Ouren Sound Fest 2025 pecha o cartel por días

OurenseXa
En total, o Ouren Sound 2025 suma trece artistas confirmados, a falta de coñecer as actuacións para o xoves e o domingo, que serán de carácter gartuíto
ourensound_2023
Ouren Sound
12 Nov 2024

O Ouren Sound Fest 2025, que festexará o seu décimo aniversario entre o 22 e o 25 de maio no complexo Deportivo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar, vén de confirmar o cartel por días para próxima edición.

En total, o Ouren Sound 2025 suma doce artistas confirmados: Dani Fernández, Viva Suecia, Xoel López, Siloé, ou Sexy Zebras, Neverland Bari, Carlos Crespo & Kris K Djs, A Duendeneta, Guadi Galego, Ultraligera, Hoonine e Gargantúa.

Polo momento, descoñécense os artistas que actuarán o xoves, 22 de maio, e o domingo, 25 de maio, que serán de carácter gratuito e que terán lugar na Praza do Concello de Pereiro de Aguiar.

O Ouren Sound reuniu a máis de 10.000 persoas durante a súa última edición, que levou a Pereiro de Aguiar a algúns dos artistas máis relevantes do panorama nacional como Arde Bogotá, Shinova, Sidonie ou Tanxugueiras.

Consulta o cartel por días para o Ouren Sound Fest 2025.

0.19610691070557