O Ouren Sound Fest deixa o Complexo Deportivo de Monterrei e trasládase ao recinto de Tecnópole

O Ouren Sound Fest deixa o Complexo Deportivo de Monterrei e trasladarase ao recinto de Tecnópole. Así o confirmou este luns a organización, que explicou que o cambio responde á necesidade de contar cun espazo máis amplo e accesible para o público.
Desde a organización adiantan tamén que nos vindeiros días se darán a coñecer os horarios do festival, así como os prezos e frecuencias dos autobuses lanzadeira que facilitarán o acceso ao novo emprazamento.
Tras dúas edicións celebradas en Pereiro de Aguiar, e despois de que o alcalde de Ourense decidise que o festival non se levase a cabo en Bemposta, onde se viña celebrando desde facía anos, o Ouren Sound volve cambiar de localización, polo menos nesta edición.
O festival celebrarase do 28 ao 30 de maio e conta cun cartel de primeiro nivel no que figuran Duncan Dhu, Iván Ferreiro, La M.O.D.A., Siloé, Marlon, Niña Polaca, Carlos Ares, Alcalá Norte, Fontán, La Duendeneta e Esbian.