O Ouren Sound Fest pechou a súa décima edición con récord de asistencia no recinto de Monterrei

OurenseXa
Co total das entradas esgotadas tanto o venres como sábado, o Ouren Sound puxo fin a unha edición multitudinaria
ouren-sound-fest-2025
Ouren Sound Fest 2025
26 May 2025

O Ouren Sound Fest puxo fin á súa décima edición consolidándose como unha das citas imprescindibles do calendario cultural galego, tras esgotar todas as entradas nas xornadas do venres e sábado, e reunir máis de 14.000 persoas no Complexo Deportivo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar.

O festival arrancou o xoves con dous concertos gratuítos na Praza de Pereiro de Aguiar, da man de Helena e HYDN. A apertura oficial do recinto tivo lugar o venres pola tarde, cunha xornada musical protagonizada por A Duendeneta, Gargantúa, Siloé, Dani Fernández, Sexy Zebras e Carlos Crespo & Kris K DJs.

O sábado foi a quenda de Martin Bruhn DJ, que abriu unha noite na que o público vibrou cos concertos de Guadi Galego, Xoel López, Viva Suecia, Ultraligera e Hoonine. A Duendeneta foi novamente a encargada de ambientar o recinto entre actuacións.
O domingo pola mañá, Pakolas e Ramona Órbita puxeron o peche a esta edición cunha sesión musical na praza de Pereiro, clausurando así unha das edicións máis exitosas da historia do festival.

A edición de 2025 foi a segunda celebrada no novo recinto, logo do cambio obrigado de localización pola decisión do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, de non colaborar coa organización. O festival viuse forzado a abandonar o recinto de Bemposta tras oito anos e trasladouse ao concello veciño apenas un mes antes da súa celebración. Lonxe de supoñer un contratempo, este cambio serviu para reforzar o evento, que se confirma como un referente no panorama musical galego.

⚙ Configurar cookies
0.1831419467926