O Ouren Sound Fest suma catro novas confirmacións para a edición de 2025

OurenseXa
Guadi Galego, Ultraligera, Hoonine e Gargantúa únense ao cartel do Ouren Sound Fest 2025
Guadi Galego
Guadi Galego
7 Nov 2024

O Ouren Sound Fest 2025, que festexará o seu décimo aniversario entre o 22 e o 25 de maio no complexo Deportivo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar, suma catro novas confirmacións.

Trátase de Guadi Galego, Ultraligera, Hoonine e Gargantúa, que se unen aos artistas xa confirmados ata a data: Dani Fernández, Viva Suecia, Xoel López, Siloé, ou Sexy Zebras, Neverland Bari, Carlos Crespo & Kris K Djs e A Duendeneta.

A de 2025 será a segunda edición que se celebrará fóra da capital ourensá logo de ter que cambiar de localización tras a decisión do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, de non colaborar coa organización. O festival víase obrigado a abandonar o recinto de Bemponsta logo de oito anos e trasladábase ao concello veciño apenas un mes antes da súa celebración.

O Ouren Sound reuniu a máis de 10.000 persoas durante a súa última edición, que levou a Pereiro de Aguiar a algúns dos artistas máis relevantes do panorama nacional como Arde Bogotá, Shinova, Sidonie ou Tanxugueiras.

Consulta o cartel provisional do Ouren Sound Fest 2025

⚙ Configurar cookies
0.58298397064209