O Ourense Film Festival arrancará coa estrea mundial do filme 'El eco de otras voces'
O Ourense Film Festival (OUFF) comezará a súa 29º edición o próximo 27 de setembro cunha estrea mundial, o da película 'El eco de otras voces', sobre a traxectoria do deseñador ourensán Adolfo Domínguez. Asinada por Adriana Domínguez, filla do empresario e actual presidenta executiva da marca de moda, proxectarase tras a gala inaugural que terá lugar no Auditorio de Ourense.
'El eco de otras voces' é unha longametraxe sobre a vida e traxectoria dunha das figuras crave na historia da moda en España, creador de emblemas como “a engurra é bela”, que recollen toda unha filosofía que marcou unha época.
A través da mirada de Adriana Domínguez a longametraxe saca á luz os aspectos infrecuentes dun home poliédrico, no que caben os seus éxitos internacionais, e os seus desencontros profesionais e familiares. Ademais, descobre algúns capítulos da súa vida menos coñecidos como a súa infancia en Trives, o seu paso polo cárcere franquista ou os seus anos universitarios en París. “O eco doutras voces” realizouse co apoio da Deputación de Ourense.
O OUFF está organizado pola Fundación Carlos Velo co patrocinio principal da Deputación de Ourense e o apoio da Xunta de Galicia