O paro en Ourense baixa a mínimos históricos
Segundo os datos de desemprego publicados hoxe polo SEPE o paro en Ourense no mes de maio baixou ata as 14.545 persoas desempregadas, alcanzando mínimos históricos tras descender en 408 persoas respecto ao mes anterior. En taxa internaral, a cifra de desempregados baixou en Ourense no mes de maio en 930 persoas.
Por sectores, o sector servicios erixiuse como o motor do emprego e concentra a maioría do emprego descendendo en 270 persoas, seguido de lonxe pola industria (-59), agricultura (-45) e a construcción (-20). O sector sen emprego anterior tamén descende en 14 persoas.
Aínda que a contratación temporal neste mes de maio repunta ata un 67% debido as contratacións estacionais, segue a senda da estabilización xa que antes da reforma laboral a media era dun 90%.
CCOO advierte de que pese aos datos positivos o paro continúa sendo maior entre as mulleres ourensás
A secretaria xeral de CCOO, Ana Barrios, sinala que aínda que o desemprego descende tanto entre os homes coma entre as mulleres, persiste un risco de xénero no mercado de traballo ourensá, pois elas fano sempre a un ritmo inferior ao dos homes. As melloras non lles afectan do mesmo xeito. De feito das 14.545 persoas desempregadas, 6.186 son homes e 8.359 mulleres e dos 5278 contratos formalizados, 2.780 son para os homes e 2.359 para as mulleres.
Así mesmo, apunta que o obxetivo ten que ser o pleno emprego polo que esixe medidas para desestacionalizar as actividades encadradas no sector servizos, un dos piares na nosa provincia, para desenvolver condicións de calidade todo o ano, non só de maneira estacional.