O partido contra o cancro recadou máis de 3.000 euros para a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense

OurenseXa
O partido tivo lugar o pasado mes de outubro dentro da campaña “O rosa é só rosa, pero contigo é apoio e investigación”
recadacion-partido-benefico-aecc-ourense-1014
Entrega do cheque para a AECC Ourense
18 Dec 2024

A Asociación Española Contra o Cancro recibiu este martes un cheque por valor de máis de 3.000 euros que foron recadados no partido solidario disputado o pasado 17 de outubro en Oira, onde participaron, entre outras, as concelleiras dos distintos grupos políticos de Ourense.

O partido tivo lugar dentro da campaña “O rosa é só rosa, pero contigo é apoio e investigación”, coa que pretende poñer de manifesto que aínda queda moito por facer e que detrás desa cor hai investigación, apoio e acompañamento.

0.17520189285278