O paso a nivel de Peliquín será suprimido “de xeito inminente”

OurenseXa
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, abordou coa veciñanza de Peliquín a posibilidade de facer un proxecto complementario para un paso inferior
reunion-eladio-santos-vecinoos-peliquin
Reunión entre o subdelegado do Goberno en Ourense e a veciñanza de Peliquín
16 Jun 2025

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, mantivo esta mañá unha reunión coa Asociación de Veciños Peliquín-Catro Camiños para escoitar as súas propostas respecto á supresión do paso a nivel de Peliquín, unha actuación que executará o ADIF para mellorar a seguridade na zona.

Durante o encontro, no que tamén participaron representantes dos grupos municipais da Corporación de Ourense, valorouse a posibilidade de solicitar ao Concello a elaboración dun proxecto complementario que contemple a creación dun paso inferior baixo a vía do tren. Esta proposta xorde despois de que o actual proxecto fora consensuado previamente entre o Concello e ADIF.

Santos destacou que “a seguridade é unha prioridade para o Goberno de España”, motivo polo cal a eliminación do paso a nivel será realizada de forma inminente, ao estar a obra xa adxudicada. Ademais, sinalou que o proxecto foi mellorado tendo en conta as achegas da veciñanza, incluíndo a construción dunha pasarela peonil con ascensores e a creación dun espazo verde na contorna. A solución acordada cumpre cos requisitos técnicos establecidos e foi adaptada ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ourense, explican dende a subdelegación.

⚙ Configurar cookies
0.15573692321777