O Pavillón de Os Remedios acollerá este sábado a Copa de España Junior de Judo

O Pavillón de Os Remedios será escenario o próximo sábado, 13 de setembro, da Copa de España de Judo na categoría júnior, tanto masculina como feminina. A cita, organizada pola Federación Galega de Xudo co apoio do Concello de Ourense e da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, celebra a súa XXI edición baixo o nome de Torneo Cidade de Ourense.
O campionato reunirá a 160 judocas de España e Portugal, nados entre 2006 e 2011, que competirán por acadar praza na fase final do Campionato de España. A competición está considerada unha das máis esixentes do calendario de base.
A xornada comezará ás 9:00 horas coas eliminatorias e repescas. As finais están programadas para as 13:00 e a entrega de medallas terá lugar ás 14:30. Os pesaxes realizaron o venres pola tarde, ás 19:30 horas.
O sistema de competición será de eliminación directa con dobre repesca cruzada. Cada combate terá unha duración de catro minutos e, no caso de non haber vencedor ao remate do tempo regulamentario, decidirase mediante o ‘Golden Score’, que outorga a vitoria ao primeiro deportista que anote ou evite sanción.