O Pereiro de Aguiar bate a súa marca na San Silvestre Solidaria con 203 participantes

OurenseXa
A carreira, a beneficio de Down Ourense, celebrouse o 31 de decembro cun percorrido de arredor de 5 quilómetros e rematou con chocolatada, bica e sorteo
PEREIRO san silvestre
4 Jan 2026

A San Silvestre Solidaria do Concello do Pereiro de Aguiar pechou a edición de 2025 cun récord de asistencia, ao sumar 203 persoas participantes nunha xornada marcada polo bo ambiente e o deporte con fins solidarios. A recadación e as achegas foron destinadas á Asociación Down Ourense, co obxectivo de apoiar os seus proxectos de integración.

A proba, que celebrou a súa terceira edición, estivo organizada pola Concellería de Deporte e Xuventude e contou con patrocinio da Deputación de Ourense e do CC Pontevella. O evento desenvolveuse o 31 de decembro con reparto de dorsais desde as 16.00 h, saída ás 16.30 h e, xa ao remate, unha parte máis festiva con chocolatada, bica e sorteo a partir das 17.15 h.

O percorrido, duns 5 quilómetros, tivo saída e meta na Praza do Concello, cun tramo arredor do encoro de Cachamuiña, e incluíu tamén incentivos para animar á participación, como un agasallo para as primeiras 150 inscricións e o sorteo de entradas para o cine.

⚙ Configurar cookies
0.088690996170044