O plan de recuperación, transformación e resiliencia deixou máis de 380 millóns de euros na provincia de Ourense

OurenseXa
O plan de recuperación, transformación e resiliencia deixou na provincia importantes investimentos en materia de infraestruturas, onde destacan os 230 millóns de euros na mellora da conexión ferroviaria entre Ourense-Monforte-Lugo
A candidata socialista por Ourense ao Parlamento Europeo, Lorena Guerra Vigo, mantivo unha reunión de traballo coa deputada no Congreso, Marga Martín, e co senador, Rafa Villarino
A candidata socialista por Ourense ao Parlamento Europeo, Lorena Guerra Vigo, nunha reunión de traballo coa deputada no Congreso, Marga Martín, e co senador, Rafa Villarino
3 Jun 2024

O PSdeG-PSOE de Ourense vén de celebrar un encontro de traballo para analizar os investimentos na provincia a través dos fondos de recuperación europeos. As e os socialistas destacan que gracias ao plan de recuperación “estamos cambiando o modelo produtivo e convertendo a provincia nun lugar de referencia en enerxías renovables, turismo sostible, ademais de mellorar infraestruturas de vital importancia”.

A candidata socialista por Ourense ao Parlamento Europeo, Lorena Guerra Vigo, mantivo unha reunión de traballo coa deputada no Congreso, Marga Martín, e co senador, Rafa Villarino, para analizar polo miúdo os diferentes investimentos acadados pola provincia gracias aos fondos europeos. O plan de recuperación, transformación e resiliencia deixou na provincia máis de 380 millóns de euros en investimentos en diferentes materias.

A candidata, a deputada e o senador coinciden ao afirmar que estamos “ante un dos maiores logros da construción europea” e critican a postura do PP e de Alberto Núñez Feijóo, que rexeitaron co seu voto en contra este plan de recuperación. “Feijóo e o PP seguen instaurados no non polo non, co único obxectivo de boicotear os avances no territorio e a chegada de novos investimentos á provincia de Ourense”.

“A pesar do torpedeo da dereita e dos seus socios da ultradereita, estes fondos chegaron a Ourense”, destaca Guerra Vigo, antes de subliñar que “a irresponsabilidade do PP non foi quen de frear os avances impulsados polo PSOE dende o Goberno e dende Europa”. A candidata do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento Europeo destaca que “nós seguimos crendo nunha Europa Social, nun modelo que xera emprego e estabilidade e por iso temos claro que este 9 de xuño xogámonos moito”.

O plan de recuperación, transformación e resiliencia deixou na provincia “importantes” investimentos en materia de infraestruturas, onde destacan os 230 millóns de euros na mellora da conexión ferroviaria entre Ourense-Monforte-Lugo e a construción da plataforma de integración urbana, ademais dos 8,9 millóns para zonas de baixas emisións na cidade. Tamén cabe subliñar os importantes fondos acadados en materia de conectividade, deste xeito a provincia recibiu 23,5 millóns de euros para a extensión da banda ancha ou 10 millóns para o programa único 5G redes.

As PEMES foron tamén beneficiadas destes fondos europeos. Deste xeito 2.392 pemes e autónomos dispoñen xa do kit dixital na provincia, con 10,1 millóns de euros de investimento. Ademais 649 accederon a financiamento gracias ao programa de garantías de CERSA que aportou 14,7 millóns. Ademais tamén cabe destacar o proxecto de mellora e aproveitamento en regadío das 42 captacións de augas subterráneas na Limia, cun investimento ao PRTR de 28 millóns e unha inversión total de 35 millóns para 2.500 hectáreas.

Outros investimentos:

1,6 millóns de euros para 4 entidades do PERTE VEC.
9 millóns en axudas para 32 proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de Reto Demográfico-DUS 5.000.
7,7 millóns para a mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga.
0,9 millóns para 3 proxectos de comunidades enerxéticas.
3,9 millóns para a construción de 80 vivendas.
2.282 novas prazas creadas en FP.
6,5 millóns para plans de turismo sostible na provincia.
7,5 millóns destinados a sanidade.
7,7 millóns para a provincia da auga.
1,2 millóns para o prototipo de unidade produtiva móbil de Cedan Jobs.
3,4 millóns na unidade de produción de enerxía térmica a partir de biomasa.
0,68 millóns para o programa tecnolóxico de automoción sostible.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15398812294006