O Pobo Fantasma de Chaioso volve do 14 ao 16 de agosto

Chaioso celebrará do 14 ao 16 de agosto unha nova edición do Pobo Fantasma. Durante tres noites, o pobo transfórmase para ofrecer un percorrido con personaxes e escenas de terror.
A iniciativa, organizada pola Asociación Veciñal de Chaioso, conta cada ano coa participación de máis de cen voluntarios que se caracterizan para crear unha experiencia que mestura medo e humor.
No percorrido, os visitantes atoparanse con personaxes como zombis, pallasos, demoios e outras figuras terroríficas, apoiados por efectos especiais que ambientan as rúas do pobo.