O Poboado de Nadal de Ourense abrirá este luns na Praza de Bispo Cesáreo

O Concello de Ourense abrirá mañá, luns 9 de decembro, na Praza de Bispo Cesáreo, o tradicional Poboado de Nadal, que poderá visitarse ata o 6 de xaneiro.
Ademais, a partir do día 16 e como novidade este ano, haberá atraccións de feira para os rapaces e rapazas, que estarán abertas ata o día 6 de xaneiro.
Outras actividades
Pola súa banda, a partir do día 20 de decembro e ata o 5 de xaneiro, instalarase na Praza Maior o tradicional Carrusel, que será totalmente gratuíto e que abrirá en horario de mañá e de tarde, agás os días festivos, que só abrirá a partir das 17.00 horas.
Ademais, dende o Concello lembran que o Belén de Baltar, o máis famoso de Ourense, abrirá tamén de tarde durante as festas.
No que respecta á chegada de Papá Noel á cidade, será o día 21 cando terá lugar o desfile de chegada, que percorrerá o centro de Ourense entre o Parque de San Lázaro e a Praza Maior. Papa Noel estará ata o día 24 en distintos lugares da cidade e fará a súa tradicional recepción no Auditorio con tres pases que, a diferenza doutros anos, será de pago, cun custo de cinco euros.
Pola súa banda, os Reis Magos chegarán, coma sempre, o día 5 de xaneiro co seu desfile de carrozas e a recepción oficial.
Respecto a Bus Musical, este ano o Concello cambia este ano o formato converténdoo nunha carroza que percorrerá ás rúas de Ourense durante as festas con actuacións de distintos grupos de artistas ourensáns, principalmente.