O PP afea a Jácome que non respecte os tres días de loito oficial polas vítimas da DANA

OurenseXa
A propia normativa do loito oficial prohibe, expresamente, as celebracións e actos institucionais que impliquen festividades
Concello de Ourense
31 Out 2024

Desde o Grupo Municipal do Partido Popular lamentamos que o alcalde de Ourense non respecte os tres días de luto oficial decretado polo Goberno de España, polas consecuencias da DANA que afectou a Valencia, Andalucia e Castilla a Mancha e que provocou ata o de agora a morte de polo menos 95 personas, un número indeterminado de desaparecidos e danos incalculables polas inundacións.

A propia normativa do luto oficial prohibe, expresamente, as celebracións e actos institucionais que impliquen festividades, permitindo só a realización de homenaxes e actos conmemorativos en memoria dos falecidos.

Lamentamos, que nun momento no que todos os cidadáns estamos consternadas polo acontecido, que o máximo representante dos ourensáns non se sume ao luto oficial, e non amose nin un mínimo respecto e consideración hacia os falecidos pola DANA e a dor das súas familias.

0.19333410263062