O PP critica ao Concello por suspender as actividades de verán de Ourense
O Grupo Municipal do Partido Popular denunciar tras as reunións de xunta de área a escasa oferta para conciliar este verán na cidade de Ourense. “Centos de familias non teñen a día de hoxe alternativa para conciliar cos seus fillos, ao suspender o Concello as actividades que se facían todos os veráns nos centros cívicos”, asegura a concelleira, Noelia Pérez.
Nesta liña a edil lembra que a propia edil de Democracia Ourensana asegurou en abril que "as actividades organizadas pola concellería de Educación serían suficientes e que ningunha familia quedaría sen conciliación". “Que pasou entón para que hoxe nos atopamos cunha situación tan diferente?”, pregúntase a popular.
Por outra banda, a concelleira Noelia Pérez, lamenta que “a día de hoxe haxa 247 familias de Ourense pendentes de cobrar as axudas de emerxencia social para pagar alimentos, o alugueiro, etc”, e que ademais “o Concello, pola súa incompetencia, tivese que devolver máis de 169.000 euros á Xunta de Galicia do Programa de Atención a Inmigrantes e Emigrantes Retornados nos últimos anos”
O PP critica tamén que “a piscina termal das Burgas siga pechada un verán máis”. “Hoxe vimos de comprobar, unha vez máis, a total falta de planificación do goberno local, pois tras preguntar pola data de apertura da piscina termal das Burgas, non só non teñen data, senón que tampouco hai avances no expediente para a súa xestión e continúan, meses despois de rematarse a obra, coa posta a punto” denuncia a concelleira Ana Méndez.
Por último, o Partido Popular abordou nas xuntas de área a falta dunha programación cultural na cidade de Ourense durante o verán. “Non temos nin unha soa actividade programada para estes meses e os museos están pechados, é unha vergoña”, denuncia o concelleiro, Pepe Araujo. Neste senso, o edil critica que “o alcalde pense que a cultura só son as