O PP de Nogueira de Ramuín elixe a Raúl Soto novo presidente da agrupación local

O concelleiro Raúl Soto Martínez foi elixido este martes novo presidente do Partido Popular de Nogueira de Ramuín, durante o congreso celebrado pola agrupación local e que contou coa participación do presidente provincial, Luis Menor, a vicepresidente, Marta Novoa, e a secretaria xeral, Sandra Quintas.
Soto afirma sentirse “ilusionado” ante esta nova etapa para conseguir un partido que “fomente activamente” a participación de militantes e simpatizantes, a quenes agradeceu a confianza depositada.
O xa presidente da agrupación local explicou que traballará ao carón do alcalde para conseguir dous dos obxectivos máis importantes que, o seu entender, ten Nogueira de Ramuín: ofrecer maior benestar aos maiores e mostrar á mocidade un rural atractivo para vivir e traballar.
Pola súa banda, o presidente provincial, Luis Menor, fixo unha chamada á participación na política local, especialmente por parte da mocidade, e afirma que coa elección de Raúl Soto ábrese unha nova etapa no PP local que “ten que contribuír nas eleccións 2027 a superar as 53 alcaldías actuais e recuperar a maioría absoluta na Deputación”.