O PP de Ourense denuncia a supresión das competencias en materia de violencia de xénero en varios xulgados comarcais

OurenseXa
A supresión do servizo afecta a Verín, O Carballiño, Xinzo, Ribadavia, Celanova e Bande
pp-xulgados-ourense
18 Nov 2025

O PP provincial vén de denunciar a supresión das competencias en materia de violencia de xénero de seis xulgados comarcais da provincia, unha situación que afecta aos municipios de Verín, O Carballiño, Xinzo, Ribadavia, Celanova e Bande.

A supresión, explican, prodúcese pola entrada en vigor do Real Decreto 422/2025, do 3 de xuño, que centraliza estas cuestións na capital da provincia, causando, denuncian, “un grave prexuízo ás vítimas, especialmente ás do medio rural”.

A deputada provincial de Igualdade, Teresa Barge, xunto á portavoz do Grupo Provincial do PP, Patricia Torres, á vicesecretaria de Igualdade do PPdeOU, Elena Freijedo, á concelleira do PP do Carballiño, Lorena Castro, e á alcaldes e edís populares da comarca, anunciaron que presentarán no vindeiro pleno da Deputación unha moción ao respecto na que expresan o “firme rexeitamento” á centralización das competencias en materia de violencia contra as mulleres que, denuncian, suporá “unha revitimización das mesmas obrigándoas a desprazarse ata unha hora para chegar á cidade, en detrimento da xustiza de proximidade”.

Ademais, os populares manifestan o seu “apoio institucional” ao recurso contencioso- administrativo interposto polo Colexio da Avogacía de Ourense ante o Tribunal Supremo contra este decreto, por considerar que os seus argumentos defenden o interese xeral da cidadanía da nosa provincia e a correcta tutela xudicial das vítimas de violencia de xénero.

Dende o PP explican que a medida recolle que a loita contra a violencia de xénero é unha prioridade social e institucional ineludible, e un dos seus piares fundamentais, como tamén garantir un acceso rápido, próximo e eficaz das vítimas á xustiza.

⚙ Configurar cookies
0.08187198638916