O PP de Ourense destaca a mellora da atención sanitaria na provincia

OurenseXa
O presidente do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, destacou a “firme aposta” da Xunta de Galicia pola mellora da atención sanitaria na provincia, logo do anuncio realizado pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, sobre a construción dun novo edificio que unificará todos os servizos do hospital materno infantil no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
CHUO_hospital_Ourense
30 Ago 2024

Luis Menor sinalou que este anuncio é un avance significativo no cumprimento do “Compromiso pola cidade de Ourense”, un acordo asinado por el e polo presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, durante a campaña electoral das autonómicas. Este documento, que inclúe doce medidas clave para os cidadáns de Ourense e a súa área de influencia, está a demostrar ser un compromiso real e con resultados concretos.

O novo edificio de hospitalización e ambulatorio do materno infantil, parte dun proxecto máis amplo de reforma, ampliación e modernización do CHUO, contará cun investimento de preto de 56 millóns de euros por parte do Goberno galego. Segundo Menor, esta iniciativa histórica permitirá ofrecer as mellores instalacións e servizos sanitarios ás futuras xeracións de ourensáns.

Ademais, Menor subliñou que este proxecto se suma a outros compromisos do presidente Alfonso Rueda coa sanidade en Ourense, como a reforma do centro de saúde Novoa Santos para acoller o futuro Centro Integral de Saúde; a implantación de novas unidades de ICTUS e PET; o novo acceso ao CHUO desde a N-525; e o futuro centro de saúde de Mariñamansa, que se situará en terreos cedidos pola Deputación de Ourense.

“Desde o primeiro momento, comprometinme a ser leal co goberno de Galicia, tanto desde a presidencia do partido como da Deputación, pero tamén reivindicativo co que considero que nos corresponde en xustiza para o conxunto da provincia”, afirmou Luis Menor.

0.19983911514282