O PP de Ourense incorpora ao exfiscal Julián Pardinas a un novo grupo de traballo

OurenseXa
Pardinas formará parte de “Sénior en Acción”, un novo equipo que busca para sumar a persoas xubiladas con ampla experiencia profesional
luis-menor-julian-pardinas
Luis Menor e Julián Pardinas
2 Mar 2026

O Partido Popular de Ourense reforza a súa estrutura coa incorporación de perfís de recoñecido prestixio. O presidente provincial, Luis Menor, anunciou a integración do exfiscal Julián Pardinas Sanz (Ourense, 1953), quen ata novembro pasado exercía como fiscal de violencia de xénero tras 45 anos de carreira na xustiza.

Pardinas formará parte de “Sénior en Acción”, un novo equipo de traballo impulsado polo PP de Ourense para sumar a persoas xubiladas con ampla experiencia profesional. A iniciativa pretende poñer ao servizo da sociedade ourensana o talento e o bagaxe acumulado durante décadas, con especial atención á defensa dos intereses das persoas maiores e á promoción dun envellecemento activo e produtivo.

O presidente provincial, Luis Menor, deu a benvida ao exfiscal e destacou que “o partido está vivo e, a medida que imos deseñando o noso proxecto, resulta máis atractivo para máis persoas que, como Julián, deixan atrás unha profesión pero queren seguir axudando, agora dende outra perspectiva, á sociedade”.

Menor subliñou que esta incorporación non será a última e que o proxecto provincial seguirá a atraer profesionais para construír “unha alternativa sólida e pegada á realidade da rúa”. Co lanzamento de “Sénior en Acción”, o PP de Ourense reivindica o papel activo das persoas maiores como guías estratéxicos para o futuro da provincia.

0.15465402603149