O PP pide a comparecencia do Ministro do Interior ante a “crecente inseguridade” en varios barrios da cidade de Ourense

O PP de Ourense vén de solicitar a comparecencia do Ministro do Interior ante a Comisión de Interior coa finalidade de que informe e dea explicacións sobre a “crecente inseguridade que se está a vivir nos barrios da Ponte e do Vinteún, na cidade de Ourense”.
Así mesmo, esixiranse medidas ante os sucesivos episodios de roubos, furtos e usurpacións que sofre diariamente a veciñanza. Unha situación que, segundo advirten, os veciños e veciñas destes barrios veñen tempo denunciando, e consideran que estas zonas convertéronse nos últimos tempos “nun punto negro de conflitividade da cidade”.
Os populares aseguran que “esta situación de inseguridade está a causar malestar entre os veciños, que se senten abandonados polas administracións e que saen á rúa con medo polos altos niveis d delincuencia nesta zona”.