O PP de Ourense presume de conseguir que se lle paguen os atrasos aos traballadores municipais

OurenseXa
Así, explican que “en xullo, conseguimos que o alcalde se comprometese a pagar as débedas a provedores e funcionarios"
pp_ourense_luis_menor_presentacion
21 Ago 2024

O Grupo Municipal do Partido Popular en Ourense, tras coñecer que este venres se debaterá en pleno unha modificación de crédito para asumir os pagos pendentes ao persoal do Concello, pon de manifesto que foi o PP o que "forzou ao Goberno local a pagar os atrasos aos traballadores municipais".

Así, explican que “en xullo, conseguimos que o alcalde se comprometese a pagar as débedas a provedores e funcionarios e este venres vai a pleno o expediente para pagar aos traballadores”, destaca a portavoz, Sonia Ogando.

Porén, os populares advirten que “se non hai orzamentos para o vindeiro ano os traballadores municipais volverán ter o mesmo problema para cobrar”, asegura a edil.

Neste senso, o Partido Popular pon de manifesto o importante que é levar a cabo unha boa xestión administrativa e económica. O traballo do PP, subliña Sonia Ogando, "permitiu que neste sentido houbera avances significativos para os empregados municipais".

0.15775203704834