O PPdeG de Ourense pon en valor a cultura e a lingua galega
O Partido Popular de Ourense celebrou na tarde deste xovez un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán Valentín Lamas Carvajal no Xardín do Posío. Un lugar simbólico para conmemorar a data do 17 de maio, rendendo homenaxe a un dos fundadores da Real Academia Galega.
No acto, o presidente da Deputación, Luis Menor puxo de manifesto o compromiso dos populares co galego, “axudando a dar voz aos nosos artistas, actores, escritores e pensadores”, e asegurou que “a cultura e a nosa lingua si teñen futuro”.
Tres membros da organización xuvenil Novas Xeracións de Ourense deron lectura aos poemas A estación, Cidade alta e A amizadede Luisa Villalta, a escritora á que se lle dedican este ano as Letras Galegas.
Para finalizar, a presidenta da Xestora Local do Partido Popular, Victoria Núñez, fixo lectura dun poema de Rosalía de Castro, a primeira escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas e cuxa celebración leva a data da publicación do seu libro «Cantares Gallegos» (17 de maio de 1863).