O prazo de inscrición para o Campamento de Praia de San Cibrao das Viñas remata este luns
OurenseXa
O campamento está destinado aos nenos e nenas de entre 9 e 16 anos empadroados no Concello de San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas organiza un novo "Campamento de Praia"
19 May 2024
O Concello de San Cibrao das Viñas organiza para este 2024 un novo "Campamento de praia" destinado aos nenos e nenas nados entre 2008 e 2015 e empadroados no municipio.
O Campamento terá lugar entre os días 22 ou 23 de xullo e rematará entre o 28 e o 29 do mesmo mes.
As incricións teñen un prezo de 100 euros por persoa e o prazo de solicitude rematará este luns, 20 de maio. Polo momento, o Concello está pendente de confirmar a localización definitiva desta actividade.