O prazo de solicitudes para a Escola Infantil de Barbadás abre este luns

O Concello de Barbadás abrirá este luns o prazo para presentar as solicitudes na Escola Infantil Municipal de Barbadás.
Desde o día 1 ao 19 de abril, estará habilitada a recepción de solicitudes de matrículas novas para o curso 2024-2025 para a Escola Infantil Municipal de Barbadás.
A achega do impreso de solicitude, poderá facerse nas oficinas municipais ou a través de a Sede electrónica.