O prazo de solicitudes para o Mercado de Artesanía 'Arte de Man' estará aberto ata o 2 de agosto
OurenseXa
A data prevista para a edición de 2024, como ven sendo habitual, será o segundo domingo do mes de setembro
21 Xul 2024
O Concello de Allariz, a través da área de promoción económica, organiza dende fai varios anos o Mercado de Artesanía 'Arte de Man', un evento pretende promover, achegar o traballo e a venda directa dos artesáns locais así como doutros profesionais galegos convidados. A data prevista para a edición de 2024, como ven sendo habitual, será o segundo domingo do mes de setembro.
Desde o Concello de Allariz informan que aqueles artesáns cuxa produción sexa artesanal e de elaboración propia poderán solicitar a súa inscrición para participar neste certame ata o vindeiro día 2 de agosto. A inscrición debe formalizarse a través dunha instancia xeral na sede electrónica do Concello ou nas dependencias municipais no rexistro.