O prazo para anotarse nos Obradoiros de Idiomas do Concello de Ourense está aberto ata o 15 de decembro

OurenseXa
Os cursos inclúen galego, francés, inglés e italiano
escuela-de-idiomas-ourense
11 Dec 2025

Do 12 de xaneiro ao 13 de marzo, a Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense ofertará obradoiros de diversas linguas dirixidos aos cidadáns de Ourense maiores de 16 anos empadroados no municipio.

Os cursos inclúen galego iniciación, galego preparación ao Celga 3, francés iniciación I, inglés iniciación II e italiano iniciación II.

As clases impartiranse en horario de tarde, agás os grupos de galego, que terán lugar de 11:00 a 12:30 horas. O resto de cursos desenvolveranse en horario de tarde: o francés os luns e mércores de 17:30 a 19:00, o italiano os luns e mércores de 19:15 a 20:45 e o inglés os luns e mércores de 19:30 a 21:00 horas.

O prazo de preinscrición estará aberto ata o 15 de decembro a través da web do Concello de Ourense.

⚙ Configurar cookies
0.053209781646729